Ou dos que cando…

soan gaitas poste a bailar de inmediato? desaparecen cousas na casa e botas a culpa aos trasnos? che poñen un bo viño nun bar e pensas “que ben lle iría unha tapiña”? chega San Xoan e pensas no conxuro da queimada?

e respodiches de maneira positiva a máis de dúas preguntas, logo ti es un dos nosos. ¿Galego? ¿Fillo de galegos? ¿Ambas cousas? Ou quizáis ¿español ou suizo namorado da cociña, baile, música e lingua galegas? ¿Recén chegado a Suiza e pregas dunha man? Eiquí estamos nós para tratamento da morriña e todo tipo de cuestión burocrática que che faga falta.

Quen somos

Fundada en 1980, a nosa institución reúne hoxe nove centros culturais no que é a maior asociación de inmigrantes galegos da República Helvética: a FSGS, Federación de Sociedades Galegas na Suiza. Dende que nacemos tivemos claro que o lema de “xuntos somos grandes” é ben erto. E eiquí estamos: loitando xuntos pola defensa e o espallamento dos valores identitarios galegos así como polo apoio, integración e orientación dos galegos residentes en Suiza.

A presente páxina web pretende ser a plataforma do noso proxecto en común: a creación dun espazo no que a xente poda atopar un cachiño da terra, descubrir a actividade da FSGS –con xa 25 anos de existencia– e sentirse ben acollido no país. É dicir, crear, dalgunha maneira, a nosa “Galiza en Suiza”.

Hoxe en día formamos a FSGS os seguintes centros e sociedades galegas. Estamos repartidos por toda Suiza ¿Cál será o teu centro galego?


mapa da suíza cos centros federados

De onde vimos

“18 x FSGS” é a primeira exposición que se mostra sobre a FSGS e as súas xentes. A través de 18 obxectos querémoste contar cómo os galegos en Suiza, fixemos, creamos e medramos até chegar a hoxe. Concertos de música, exposicións de arte, conferencias, escritos, disputas, amistades, festas, relacións... Queremoste achegar os momentos, historias e símbolos que xurdiron no interior dos centros galegos durante estes case derradeiros 50 anos que levamos xa eiquí. Agardamos que a través desta selección descubras un pouco máis da Galiza en Suiza.

Deixa que os obxectos che falen:

Links



Contact Us

Federación de Sociedades Galegas na Suíza
1219 CHATELAINE
Email Us
          info@fsgs.ch